-
APRENDER A ESTUDIAR
Xoves 20 de Novembro do 2008
-
Excelente recurso do CNICE para mellorar as técnicas de estudio para alumnos e alumnas de secundaria. IR A APRENDER A ESTUDIA ...
Publicado en 1 |
Comentar »
-
ECOMÚSICA
Xoves 20 de Novembro do 2008
-
OS LAMENTOS DE GAIA - ” PROXECTO SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO DO IES OLLOS GRANDES”
Sen ningunha dúbida, a música e unha boa maneira de motivar e concienciar aos nosos alumnos e alumnas no problema do cambio climático. Este vídeo de Miguel e Bélen é un bo exemplo.
Recomendo ás nosas amigas e amigos da comunidade de climántica, visitar o blogue oslamentosdegaia para ver as distintas actividades programadas dentro do proxecto: Xogos, concertos, entender o problema,…
Publicado en 1 |
Comentar »
-
AS MARAVILLAS DE EXIPTO
Xoves 20 de Novembro do 2008
-
Mentras que no continente europeo os homes vivían, no Neolítico, en covas ou en chozas moi primitivas, en Exipto levantaban colosais construccións, monumentos funerarios que os exipcios nos deixaron para asombrar a humanidade coa súa grandeza.
RINCON DA LECTURA: A FESTA DE OPET
É a festa grande de exipto e celébrase unha vez ao ano. Tiña como escenario a cidade de Tebas. Anuncia que o rio Nilo iniciou a época de inundación das terras e que comezan uns días de descanso ata que se poidan reiniciar as tarefas agrícolas. Atestiguada por primeira vez durante o reinado de Hatshepsut.
A festa come ...
Publicado en 1 |
Comentar »
-
AS PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS HISTÓRICAS - MESOPOTAMIA
Xoves 20 de Novembro do 2008
-
Interesante recurso que podedes empregar como apoio ao estudio da civilización histórica de Mesopotamia.
AS ACHEGAS DA CIVILIZACIÓN DE MESOPOTAMIA (Enlace vídeo)
As augas do Éufrates
A APARICIÓN DA ESCRITURA: Foron os sumerios quen idearon as primeiras formas de escritura por necesidades de caracter administrativo: anotar os impostos recibidos pola cidade-estado, as doazóns aos templos, levar a contabilidade de palacio…
Esta primeira escritura non foi un alfabeto coma o noso con poucos signos, senón que tiña máis de dous mil, cada un dos cales representa unha palabra( Logograma). Por exemplo, o debuxo dunha cabeza
Publicado en 1 |
Comentar »
-
Dia Mundial da Terra
Xoves 20 de Novembro do 2008
-
“
“VIDEOCLIP MAMÁ TIERRA”
O 22 de abril celébrase en todo o mundo o “Día Mundial da Terra”. Esta data foi instaurada en Estados Unidos en 1970, coa finalidade de recordar os problemas que afectan a este planeta e promover accións que faciliten un desenvolvemento sostible.
Os nosos amigos de Climántica, convídannos a celebrar o “Día Mundial da Terra”, cun videoclip do grupo “Macaco Mamá Tierra”.
O lema deste ano “Un chamamento polo clima”.
UN LAZO VRDE POLO CLIMA: Símbolo proposto polas organizacións ecoloxisatas para sumarse á loita cont ...
Publicado en 1 |
Comentar »
-
A IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES
Xoves 20 de Novembro do 2008
-
A situación das mulleres ao longo da historia veu marcada pola desigualdade e a discriminación, ainda hoxe está presente en moitos lugares do mundo e en moitos ámbitos da sociedade.
No último século avanzamos moito nalgúns aspectos, quedan desafíos importantes para que homes e mulleres participen na vida pública e constrúan as súas relacións en condicións de igualdade e de axuda mutua.
É O CAMBIO CLIMÁTICO : Outro reto para a igualdade “ENTRE HOMES E MULLERES”? - Afectará de forma diferente a campesiñas e campesiños?.
FONTE: FAO. Sala de prensa.
A intervención de Pórrunn Sveinbjarnardóttir, Ministr ...
Publicado en 1 |
Comentar »
-
TRABALLAR COAS TIC
Xoves 20 de Novembro do 2008
-
A WebQuest é unha actividade de aprendizaxe na que tes que construir o teu propio coñecemento utilizando o ordenador. Debes obter de internet a maioría da información que necesitas e, posteriormente, transformala seguindo as directrices marcadas. Podes recrear facilmente o método de traballo usado polos “historiadores”.
A WebQuest ” O antigo exipto“ que se presenta a continuación, require que unha parte do traballo sexa realizada en grupo, e outra parte de forma individual. É necesario que sigas os pasos marcados. “Van describindo o que tes que facer”.
“A INVESTIGAR ...
Publicado en 1 |
Comentar »
-
“APRENDER A APRENDER” EN CIENCIAS SOCIAIS
Xoves 20 de Novembro do 2008
-
UNHA APROXIMACIÓN ÁS PRIMEIRAS MANIFESTACIÓNS ARTÍSTICAS DA HUMANIDADE
Fonte: Tomperez on slideshare
“PREHISTORIA PENÍNSULA IBÉRICA” - PRIMEIRA PARTE -
OS NOSOS DEVANCEIROS:
Iniciamos unha interesante viaxe no tempo: viaxe cara ás nosas ORIXES
-”A evolución cultural”_
REFELEXIONA:
“A actividade das mulleres na Prehistoria era moi importante, tivo un papel activo en todos os ámbitos da vida e non só no doméstico. As mulleres se dedicaban á caza menor, a pescar, a recoller froitos, a atender os nenos…”
Era a sociedade Prehistórica máis igualitaria a nosa no que respecta ao repartiment ...
Publicado en 1 |
Comentar »
-
METEOESCOLAS
Xoves 20 de Novembro do 2008
-
O CLIMA: ELEMENTOS E FACTORES
Para estudar un clima utilízanse unha serie de elementos: Temperatura, a nubosidade, as precipitacións, a presión atmosférica e o vento.
Estes elementos varian duns lugares a outros porque están determinados por unha serie de factores, como a latitude, a altitude e a distancia respecto ao mar.
Pódese predecir o tempo sen fallos?
Na actualidade non somos capaces de predecir o tempo con total certeza. Sempre pode aparecer algún elemento imprevisto.
Pulsa ( clima) para ver enlaces, ilustracións, con experimentos metereolóxicos para de aula.
REFÁNS E DITOS RELACIONADOS CO TEMPO E O CLIMA - “
Publicado en 1 |
Comentar »
-
A mandíbula de Atapuerca avanza en 400.000 anos a chegada dos primeros homínidos a Europa
Xoves 20 de Novembro do 2008
-
Os restos, de fai 1,2 millóns de anos, fan retroceder 400.000 anos a chegada dos primeiros homínidos a Europa.
O europeo máis vello da historia viviu na serra de Atapuerca fai 1,2 millones de anos. A revista Nature publica no seu último número as principais conclusións do novo descubrimento do equipo investigador de Atapuerca, dirixido por Juan Luis Arsuaga, José María Bermúdez y Eudald Carbonell, e que tivo lugar o 30 de xuño de 2007
Descubrimiento crucial en Atapuerca
OS PRIMEIROS HABITANTES DE EUROPA: Os NEANDERTALES, eran máis humanos, intelixentes e agraciados.
Publicado en 1 |
Comentar »